Ábrese o prazo para recoñecer as competencias profesionais e para facer as probas de acceso á FP

Muxía, 31 de xaneiro. A Xunta de Galicia acaba de publicar tres convocatorias que facilitarán o acceso á formación profesional á veciñanza interesada en mellorar neste eido. Por unha banda, publicou sendos procedementos para recoñecer as competencias profesionais daquelas persoas que as adquiriron a través da experiencia laboral, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. Por outra banda, convocou as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior de Formación Profesional (FP) para o ano 2017.

A. Recoñecemento das cualificacións profesionais (DOG 19 de xaneiro)

  1. Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, servizos para o control de pragas, xestión de servizos para o control de organismos nocivos, socorrismo en espazos acuáticos naturais, socorrismo en instalacións acuáticas, extinción de incendios e salvamento, tanatopraxia, operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural. O prazo de solicitude remata o 20 de febreiro (inclusive)
  2. Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural. O prazo de solicitude vai entre o 1 e o 31 de marzo (ambos inclusive). 


B. Recoñecemento das cualificacións profesionais (DOG 12 de xaneiro)

Está recollido o recoñecemento profesional das familias profesionais de administración e xestión, agraria, comercio e marketing, edificación e obra civil, electricidade e electrónica, fabricación mecánica, hostalería e turismo, imaxe persoal, industrias alimentarias, informática e comunicacións, instalación e mantemento, madeira, moble e cortiza, química, sanidade, servizos socioculturais e á comunidade e transporte e mantemento de vehículos. O prazo de solicitude remata o 3 de febreiro (inclusive). É obrigatorio empregar a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para facer a solicitude.


C. Probas de acceso aos ciclos formativos do ano 2017

  1. Ciclo Medio: Poden inscribirse aquelas persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a un ciclo medio e teñan 17 anos ou os fagan durante o 2017. O prazo de inscrición vai desde o 13 ao 23 de marzo (ambos insclusive).
  2. Ciclo Superior: Poden inscribirse aquelas persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a un ciclo medio e teñan 19 anos ou os fagan durante o 2017. O prazo de inscrición vai desde o 6 ao 15 de febreiro (ambos insclusive).