Relación de persoas admitidas para a campaña de esquí da Deputación Provincial da Coruña

Muxía, 24 de xaneiro. O Concello fixo a selección dos escolares de Muxía que participarán na campaña de esquí organizada pola Deputación Provincial da Coruña para este ano 2017, pola que catro veciños de entre 10 e 15 anos esquiarán na estación invernal de Leitariegos entre o 12 e o 17 de marzo. Despois do sorteo, saíron elexidas as persoas co seguinte Documento Nacional de Identidade (DNI):

ADMITIDOS

  1. 49332765 L
  2. 20627281 F
  3. 54703428 K
  4. 58000008 B

SUPLENTE

  1. 78812165 C

O Concello de Muxía foi incluído na actividade polo ente provincial coa adxudicación de catro prazas. Apuntáronse cinco interesados e o Concello fixo a selección dos participantes mediante sorteo público ante a Secretaría Municipal. Cada beneficiario deberá aboar á Deputación unha cota de participación de 95 €.