Anuncio dos resultados de selección de operarios de servizos múltiples e biblioteca

As persoas designadas para traballar como operario de servizos múltiples no mes de xullo deberán acudir ás oficinas do Concello, hoxe, día 29 de xuño ás 13:30 horas, para a sinatura dos contratos. Deberán aportar número de afiliación da seguridade social e certificación bancaria.

As persoas designadas para traballar no mes de xullo como auxiliar de biblioteca deberán acudir ás oficinas do Concello, o xoves día 30 de xuño ás 10:00 horas, para a sinatura dos contratos. Deberán aportar número de afiliación da seguridade social e certificación bancaria.

Descarga Listado de operario servizos múltiples e auxiliar de biblioteca