Festas de interese

Muxía e as súas parroquias celebran as súas festas patronais,  sobre todo no verán. Esta é a relación de festas que atraen a moitos visitantes e que calquera pode disfrutar.

Corpus de Muxía

Pilar de Suxo: 17, 18 e 19 de xuño.

San Xoán de Bardullas: 24 de xuño.

San Pedro de Leis: 29-30 de xuño.

Socorro de Coucieiro: 2 e 3 de xullo.

Socorro de Vilastose: 9 e 10 de xullo.

Carme de Moraime: 23 e 24 de xullo.

Santa Mariña: 18 de xullo.

Sacramento de Frixe: 25 de xullo.

Carme de Muxía: 30 e 31 de xullo.

San Cristovo de Nemiña: 31 de xullo.

San Isidro de Quintáns: 6 e 7 de agosto.

Xunqueira de Morquintián: 13, 14 e 15 de agosto.

Socorro de San Martiño de Ozón: 21 de agosto.

San Roque de Moraime: 20 e 21 de agosto.

Romaría da Virxe da Barcasegundo domingo de setembro, menos si o domingo cae en día 8, que pasa para o día 15.

Virxe de Lourdes de Leis: 3 de setembro.

Santiña de Trasufre: 21 de setembro.

Festa do Congro

A Festa do Congro é a exaltación do produto máis típico de Muxía. Durante o Venres Santo realízanse actuacións musicais e de pasarrúas pola vila, mentres que os visitantes e veciños poden degustar o peixe elaborado de diversas formas (empanada, caldeirada, á plancha…).

Festa Cabalar de Quintáns

A Asociación San Isidro de Quintáns organiza a xuntanza de cabaleiros o primeiro domingo de setembro. Desenvolven actividades desde a mañá, como paseos en cabalo, comida campestre e demostración libre de andadura, trote e doma. Tamén organizan xogos populares e infantís.

Outras festas

O entroido: concurso de disfraces, ruta dos pinchos e enterro do percebe.

Semana Santa: Mostra de Artesanía e Festa do Congro.

Letras Galegas, 17 de maio: Actos de tipo literario e musical en torno ao autor homenaxeado.

Festas da Barca: Unha semana antes, celébranse charlas, exposicións e actividades de teatro e música.

O Samaín.

Nadal: Recital de poesía, contos, actuacións e cabalgata de Reis.