Muxía e as súas parroquias celebran as súas festas patronais, sobre todo no verán. Esta é a relación de festas que atraen a moitos visitantes e que calquera pode disfrutar.
Corpus de Muxía
Pilar de Suxo: 17, 18 e 19 de xuño.
San Xoán de Bardullas: 24 de xuño.
San Pedro de Leis: 29-30 de xuño.
Socorro de Coucieiro: 2 e 3 de xullo.
Socorro de Vilastose: 9 e 10 de xullo.
Carme de Moraime: 23 e 24 de xullo.
Santa Mariña: 18 de xullo.
Sacramento de Frixe: 25 de xullo.
Carme de Muxía: 30 e 31 de xullo.
San Cristovo de Nemiña: 31 de xullo.
San Isidro de Quintáns: 6 e 7 de agosto.
Xunqueira de Morquintián: 13, 14 e 15 de agosto.
Socorro de San Martiño de Ozón: 21 de agosto.
San Roque de Moraime: 20 e 21 de agosto.
Romaría da Virxe da Barca: segundo domingo de setembro, menos si o domingo cae en día 8, que pasa para o día 15.
Virxe de Lourdes de Leis: 3 de setembro.
Santiña de Trasufre: 21 de setembro.
Festa do Congro
A Festa do Congro é a exaltación do produto máis típico de Muxía. Durante o Venres Santo realízanse actuacións musicais e de pasarrúas pola vila, mentres que os visitantes e veciños poden degustar o peixe elaborado de diversas formas (empanada, caldeirada, á plancha…).
Festa Cabalar de Quintáns
A Asociación San Isidro de Quintáns organiza a xuntanza de cabaleiros o primeiro domingo de setembro. Desenvolven actividades desde a mañá, como paseos en cabalo, comida campestre e demostración libre de andadura, trote e doma. Tamén organizan xogos populares e infantís.
Outras festas
O entroido: concurso de disfraces, ruta dos pinchos e enterro do percebe.
Semana Santa: Mostra de Artesanía e Festa do Congro.
Letras Galegas, 17 de maio: Actos de tipo literario e musical en torno ao autor homenaxeado.
Festas da Barca: Unha semana antes, celébranse charlas, exposicións e actividades de teatro e música.
O Samaín.
Nadal: Recital de poesía, contos, actuacións e cabalgata de Reis.