Entradas

, ,

Proxecto de enerxía fotovoltaica cofinanciado pola Unión Europea

O Concello de Muxía é beneficiario dunha axuda por importe de 9.828,83 euros para realizar unha instalación fotovoltaica na Casa do concello. Esta subvención foi concedida polo Inega por resolución do procedemento IN421S-324 o día 7/10/2025. Esta instalación, que conta cunha potencia de 10kWn, esta sendo executada polo Concello de Muxía.

A axuda finánciase a través das subvencións do Inega para proxectos fotovoltaicas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027 (Dog núm. 56 de 19/03/2024)

Gasto elixible: 16.381,38 euros

Intensidade de axuda: 60%

Importe de axuda concedida: 9.828,83 euros