Escola Surf Costa da Morte

En xuño de 2007 nace Surf Costa da Morte da man de Rubén Prieto. Tras diplomarse como mestre de educación física e despois de traballar desde 2003 como monitor en escolas de surf, windsurf e vela en Galicia e Valencia, fixo realidade o seu soño de crear unha escola en Nemiña, a praia onde creceu.

Antes fixera un blog persoal orientado ao surf que tivo máis de 200.000 visitas de todo o mundo, tirón que aproveitou para nomear así o seu proxecto: Surf Costa da Morte. Hoxe ampliou os servizos da escola coa adquisición de kayaks, a organización de diferentes actividades (travesías en canoa, buceo, ioga, travesías a cabalo, xogos, taller de coiro, taller de fotografía, sendeirismo ou kitesurf) e convenios asinados con diferentes aloxamentos da zona. O proxecto pasou a denominarse Nemiña Vida. 

Localización

Enderezo

Praia de Nemiña. 2ª entrada á praia. Muxía. A Coruña.

Contacto