Guía turística de Muxía
A guía Descubre Muxía pretende ensinar o territorio do municipio a calquera visitante que se achegue ata este rincón da Costa da Morte. Este libro recolle información de todas as rutas de interese, tanto a pé como en coche, por Muxía e os seus arredores. Pero tamén inclúe outros apartados relacionados co patrimonio natural, histórico e artístico.
A obra estrutúrase en cinco bloques, cada un deles dividido en varios apartados:
- O Concello de Muxía na Costa da Morte.
- Muxía: unha vila mirando ao mar.
- Rutas a pé polo Concello.
- Rutas desde Muxía.
- Guía práctica.
A obra pode mercarse no propio concello ou na oficina de información turística.