Casa O Gurés
Casa O Gurés é unha casa de pedra do ano 1917 recentemente restaurada. Está situada en Serantes, rodeada de plena natureza e a tan só 1.300 metros dos Muíños e de Muxía.
Conta cunha decoración rústica, moderna e tradicional. Dispón do máximo confort en plena natureza e as suas instalacións son óptimas para o descanso.
A casa consta de cinco cuartos dobres. Todas eles dispoñen de calefacción, televisión e teléfono e están preparadss para hóspedes con mobilidade reducida. Dous dos cuartos contan con jacuzzi. Tamén hai un salón social, unha cafetería e un restaurante.
Os clientes dispoñen de conexión wifi, zona infantil e leira privada con máis de 10.000 metros cadrados. Hai boas vistas e un gran paseo rodeado de árbores de máis de 80 anos de antigüidade.
Localización
Enderezo
Serantes, 22, Moraime. Muxía. A Coruña.