Arco Iris

No restaurante poderán saborear receitas tradicionais cun toque actual, elaboradas coas mellores materias primas e feitas no momento. Os sabores que tanto caracterizan a Galicia, tanto do mar como da terra, están presentes.

Na carta hai mariscos, entrantes, peixes, pastas e carnes. Faise marisco por encargo (boi, centolo, nécoras e lumbrigante), con degustacións en marisco e arroces para mínimo dúas persoas.

Tamén ten pensión. Conta con catro cuartos con baño privado, televisor, calefacción central e balcón privado. E dispoñen de bungalows de madeira e apartamentos na praia.

Localización

Enderezo

Praia do Lago, 151. Muxía. A Coruña.

Contacto