25N. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Cartel da programación do 25N 2026 en Muxía: «Sacando os trapos sucios fóra»

AVISO: por cuestións meteorolóxicas, as actividades do 25 de novembro trasládanse á Sala Gervasio (Edificio de Servizos Múltiples).

O Concello de Muxía lanza a campaña municipal do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, baixo o lema «Sacando os trapos sucios fóra».

Programación:

  • 19 de novembro, Salón de Plenos: presentación do IV Plan de Igualdade Municipal contra a Violencia de Xénero.
  • 25 de novembro, Sala Gervasio (Edificio de Servizos Múltiples): «Sacando os trapos sucios fóra». Colle un pano, escribe ese comentario, xesto ou actitude machista que detectas no teu día a día, e cólgao no tendal!
  • 25 de novembro, Sala Gervasio (Edificio de Servizos Múltiples): Mandís contra a violencia. Reparto de mandís reivindicativos para a hostalaría e veciñanza. Porque nos bares e nas rúas esiximos respecto.
  • 25 de novembro ás 12:00 h, Sala Gervasio (Edificio de Servizos Múltiples): lectura do manifesto do 25N. Intervención do alcalde, Javier Sar, e lectura do manifesto a cargo da concelleira de Igualdade, Aurelia Picallo.
  • Novembro: mural simbólico no IES Ramón Caamaño.
  • Acendido simbólico do lumeado violeta.

Estas accións, xunto co acto institucional do 25N, conforman unha campaña que pretende sensibilizar a cidadanía.

Agardamos contar coa vosa presenza o 25N!

Cartel da programación do 25N 2026 en Muxía: «Sacando os trapos sucios fóra»
O cartel indica a Praza Cabo da Vila; por cuestións meteorolóxicas, as actividades do 25 de novembro celébranse na Sala Gervasio (Edificio de Servizos Múltiples).
0 comentarios

Deixar un comentario

Queres unirte á conversación?
Síntete libre de contribuír

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *