25N. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES
AVISO: por cuestións meteorolóxicas, as actividades do 25 de novembro trasládanse á Sala Gervasio (Edificio de Servizos Múltiples).
O Concello de Muxía lanza a campaña municipal do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, baixo o lema «Sacando os trapos sucios fóra».
Programación:
- 19 de novembro, Salón de Plenos: presentación do IV Plan de Igualdade Municipal contra a Violencia de Xénero.
- 25 de novembro, Sala Gervasio (Edificio de Servizos Múltiples): «Sacando os trapos sucios fóra». Colle un pano, escribe ese comentario, xesto ou actitude machista que detectas no teu día a día, e cólgao no tendal!
- 25 de novembro, Sala Gervasio (Edificio de Servizos Múltiples): Mandís contra a violencia. Reparto de mandís reivindicativos para a hostalaría e veciñanza. Porque nos bares e nas rúas esiximos respecto.
- 25 de novembro ás 12:00 h, Sala Gervasio (Edificio de Servizos Múltiples): lectura do manifesto do 25N. Intervención do alcalde, Javier Sar, e lectura do manifesto a cargo da concelleira de Igualdade, Aurelia Picallo.
- Novembro: mural simbólico no IES Ramón Caamaño.
- Acendido simbólico do lumeado violeta.
Estas accións, xunto co acto institucional do 25N, conforman unha campaña que pretende sensibilizar a cidadanía.
Agardamos contar coa vosa presenza o 25N!




Deixar un comentario
Queres unirte á conversación?Síntete libre de contribuír