Campaña de sensibilización Liberdade de Ser e Sentir
28 xuño. Campaña de sensibilización Liberdade de Ser e Sentir.
O Concello de Muxía adhírese un ano máis á campaña de sensibilización “Liberdade de ser e sentir!”, promovida dende a área de Igualdade da Deputación da Coruña.
Esta conmemoración do 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+, é unha xornada para reivindicar a diversidade, a igualdade e os dereitos de todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.
Se desexas coñecer máis desta campaña “Liberdade de ser e sentir!” e da programación preparada para este ano, no cancelo #seresentir ou na plataforma web seresentir.gal . Nesa web terás acceso a faladoiros, contacontos, obras teatrais e diverso material audiovisual que se irán subindo nestes días.





Deixar un comentario
Queres unirte á conversación?Síntete libre de contribuír