,

Actividades Activa-T 2025

ACTÍVATE EN MUXÍA! CHEGA O NOVO OBRADOIRO DE XARDINERÍA E ABREN AS INSCRICIÓNS PARA O 2025! ✨

O Concello de Muxía pon en marcha unha nova edición do programa Actíva-T 2025, dirixido a persoas maiores de 65 anos, e que este ano trae unha gran novidade: un obradoiro de xardinería!
Coidamos a saúde e fomentamos o envellecemento activo! Esta nova actividade únese aos obradoiros xa coñecidos de memoria e estimulación cognitiva, mellora da condición física, relaxación e mindfulness, manualidades e novas tecnoloxías. O obradoiro de xardinería celebrarase en abril en Muxía, Quintáns e Senande, ofrecendo unha experiencia enriquecedora en contacto coa natureza.
Este programa é posible grazas á subvención da Deputación da Coruña, o que permite que todas as actividades sexan gratuítas para a veciñanza. Deste xeito, o Concello de Muxía reafirma o seu compromiso co benestar das persoas maiores.
INSCRICIÓNS ABERTAS ATA COMPLETAR PRAZAS!
✔ Obradoiro de memoria e estimulación: Concello de Muxía, Servizos Sociais ( 981 74 20 01 ext. 9)
✔ Relaxación e mindfulness: CIM do Concello de Muxía ( 981 74 20 01 ext. 6)
✔ Mellora da condición física: Ximnasio Municipal ( 618 895 265)
Non quedes sen praza! Anímate a participar e segue aprendendo! ✨
0 comentarios

Deixar un comentario

Queres unirte á conversación?
Síntete libre de contribuír

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *