ANUNCIO: RECLAMACIONS AO CENSO ELECTORAL

RECLAMACIÓNS AO CENSO ELECTORAL

Ante as vindeiras Eleccións ao Parlamento Europeo 2024 que se celebrarán o vindeiro día 9 de xuño, comunícase que as Listas do Censo Electoral estarán expostas ao público nas oficinas do Concello, en horario de oficina, entre os días 22 e 29 de abril, a efectos de posibles reclamacións contra os datos contidos nelas.

O impreso de reclamación facilitarase nas oficinas municipais.

Recoméndase especialmente a consulta das listas a aquelas persoas que cumpriron 18 anos recentemente e as que cambiaron de enderezo nos últimos meses.

Teléfonos de consulta do Instituto Nacional de Estadística:

– 900 343 232

– 981 217 439

Muxía, a 19 de abril de 2024

O Alcalde

Santiago M. Toba Campaña