PROXECTO DE DIXITALIZACIÓN DE FONDOS DO ARQUIVO DO CONCELLO DE MUXÍA
A Xunta de Galicia concedeu unha subvención de 73837,23 euros ao Concello de Muxía para o proxecto de dixitalización de fondos do arquivo municipal coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia.
Esta subvención, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia está cofinanciada pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, obxectivo temático de garantir un mellor uso das tecnoloxías da información, para a posta en marcha do Plan para a xestión dixital do patrimonio cultural e modernización tecnolóxica do turismo – Dixitalización do patrimonio cultural.