CAMPAÑA DE ESQUÍ 2022

A través da presente, infórmaselle que a Deputación de A Coruña, dentro da súa programación deportiva para o 2022, poñe en marcha un ano máis, unha Campaña de Esquí na estación Vangandre-Pajares (Asturias), destinada a escolares con idades comprendidas entre os 12 e os 15 anos, ambos incluídos, cumpridos a 31 de decembro de 2021.

O Concello de Muxía foi incluido nesta actividade coa adxudicación de 5 prazas. Para axilizar os trámites, comezamos xa co período de preinscrición. Os interesados en formalizala, deben poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello a través do número de teléfono 981-742001 de luns a venres entre as 10:00 e as 13:00 horas, antes do vindeiro martes 14 de decembro, ás 12:00 h.

A quenda outorgada ao Concello de Muxía é a 1ª QUENDA, dende o 14/01/2022 ao 17/01/2022. Correspóndelle a cada Concello a selección dos/as participantes mediante sorteo público ante a Secretaria do mesmo, e terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da deputación, sempre e cando o número de solicitudes supere as prazas ofertadas pola Deputación para o noso Concello. Dita selección farase o día 15 de decembro ás 13:00 horas, e os resultados serán publicados na páxina web www.concellomuxia.com.

Cada participante aboará unha cota de participación á Deputación de 85€. Dita cota será aboada unha vez feito o sorteo. Para máis información pode poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello, chamando ao 981-742001 ou na web www.dicoruna.es /deportes.

Sen máis reciba un cordial saúdo.

O Alcalde

Santiago Manuel Toba Campaña

CARTEL INFORMATIVO

TRÍPTICO EDITABLE/FORMULARIO DE INSCRICIÓN