Axudas para a contratación do alumnado do Obradoiro dual de emprego CAMIÑO AO EMPREGO

O Concello de Muxía publica as bases de convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea  a favor do alumnado-traballador o obradoiro dual de emprego “CAMIÑO AO EMPREGO”.

A finalidade destes incentivos é facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas participantes nos talleres duais de emprego, financiados a través da convocatoria de axudas e subvencións a obradoiros duais de emprego, pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pertencente á Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, neste caso será para o alumnado do Taller de Emprego “CAMIÑO AO EMPREGO”, que finalicen o taller co resultado de apto/a. A contratación temporal terá unha duración mínima de 3 meses a xornada completa.