PEL REACTIVA

PEL REACTIVA

Con data 25 de xaneiro de 2021, o Alcalde de Muxía ditou resolución de concesión provisional das axudas do Programa Pel-Reactiva da Deputación da Coruña.

Dita resolución será notificada as entidades e persoas interesadas, concedéndolles prazo de 10 días para presentar a desistencia da solicitude ou as alegacións que estimen oportunas. De non presentar desistencia expresamente, entenderase que aceptan a subvención.

Esta concesión queda condicionada á existencia de crédito orzamentario ao respecto.

A concesión das axudas a cada entidade o persoa beneficiaria queda condicionada á comprobación no momento da súa resolución definitiva e pago, do cumprimento das obrigas establecidas nas bases e normativa en vigor.

0 comentarios

Deixar un comentario

Queres unirte á conversación?
Síntete libre de contribuír

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *