ANUNCIO: CONCESIÓN DEFINITIVA AXUDAS MATERIAL ESCOLAR (2º prazo)

Visto o expediente tramitado para a ampliación de concesión de axudas para a adquisición de material escolar curso 2020-2021 por parte do Concello de Muxía e concluído o prazo para a presentación de alegacións , apróbase definitivamente a relación provisional de axudas concedidas (publicada en data 30/10/2020 )

O prazo de xustificación, para enviar as facturas pola sede electrónica do Concello é ata 30 de novembro de 2020.

  • As facturas do material escolar deben estar a nome da persoa que solicitou a axuda (nai, pai , titor…), hai que pedilo así nos establecementos nos que se faga a compra.

  • Ao subir as facturas á plataforma deberá indicarse o nome do rapaz ou rapaza para quen é o material escolar:

As facturas subiranse na sede electrónica do Concello de Muxía, no apartado ACHEGA DE DOCUMENTACIÓN, logo de cubrir o formulario que aí aparece. Non é necesario indicar o número de expediente, pero si en OBSERVACIÓNS poñer o nome do neno ou nena . Anexionar as facturas e enviar.

  • Se tes máis de un fillo e tes feitas máis dunha solicitude deberás subir independentemente as facturas para cada fillo/a. É dicir, unhas facturas irán para un fillo/a e serán enviadas indicando o seu nome e outras facturas serán para outro fillo/a e deberás subilas a parte e indicando o nome deste outro fillo/a.

  • O Concello resérvase a facultade de comprobar materialmente , de forma aleatoria, a adquisición realizada.

     Muxía 10 de novembro de 2020                                                                                                                                                          CONCELLO DE MUXÍA