XUSTIFICACIÓN AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

LEMBRAMOS QUE O PRAZO PARA ENTREGAR AS FACTURAS DE MATERIAL ESCOLAR REMATA O 30 DE OUTUBRO, PARA AS PERSOAS QUE SOLICITARON AS AXUDAS NO MES DE XULLO

O prazo de xustificación, para enviar as facturas pola sede electrónica do Concello é ata 30 de outubro 2020.

  • As facturas do material escolar deben estar a nome da persoa que solicitou a axuda (nai, pai , titor…), hai que pedilo así nos establecementos nos que se faga a compra.

  • Ao subir as facturas á plataforma deberá indicarse o nome do rapaz ou rapaza para quen é o material escolar:

As facturas subiranse na sede electrónica do Concello de Muxía, no apartado ACHEGA DE DOCUMENTACIÓN, logo de cubrir o formulario que aí aparece. Non é necesario indicar o número de expediente, pero si en OBSERVACIÓNS poñer o nome do neno ou nena . Anexionar as facturas e enviar.

  • Se tes máis de un fillo e tes feitas máis dunha solicitude deberás subir independentemente as facturas para cada fillo/a. É dicir, unhas facturas irán para un fillo/a e serán enviadas indicando o seu nome e outras facturas serán para outro fillo/a e deberás subilas a parte e indicando o nome deste outro fillo/a.

  • O Concello resérvase a facultade de comprobar materialmente , de forma aleatoria, a adquisición realizada.

Para calquera consulta chamar ás oficinas municipais: 981 74 20 01