NOTA EXPLICATIVA DO PROCESO PARA AS AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR

  • En breve sairá a lista coas persoas que teñen as axudas de material escolar.(as persoas que entregaron toda a documentación, non teñan débedas coas administracións e cumpran os requisitos estarán con toda probabilidade no listado) Tamén se indicará a data límite para entregar as facturas do material escolar adquirido
  • As persoas excluídas por algún motivo, terán dez días para subsanar os erros ou falta de documentación nas súas solicitudes.
  • As compras de material escolar poden facerse xa se se quere . O material escolar que se inclúe nas axudas é o seguinte:

· Material funxible (bolígrafos, rotuladores, cadernos, carpetas, lapis, gomas de borrar, afialapis, etc.)

· Material de debuxo e material musical

· Mochilas , estoxos e mandilóns escolares

  • As facturas do material escolar deben estar a nome da persoa que solicitou a axuda( nai, pai , titor…), hai que pedilo así nos establecementos nos que fagamos a compra.
  • Ao subir as facturas á plataforma deberá indicarse o nome do rapaz ou rapaza para quen é o material escolar:As facturas subiranse na sede electrónica do Concello de Muxía, no apartado ACHEGA DE DOCUMENTACIÓN, logo de cubrir o formulario que aí aparece. Non é necesario indicar o número de expediente, pero si en OBSERVACIÓNS poñer o nome do neno ou nena . Anexionar as facturas e enviar.
  • Se tes máis de un fillo e tes feitas máis de unha solicitude deberás subir independentemente as facturas para cada fillo/a. É dicir, unhas facturas irán para un fillo/a e serán enviadas indicando o seu nome e outras facturas serán para outro fillo/a e deberás subilas a parte e indicando o nome deste outro fillo/a.
  • Se cando se abra o prazo para entregar facturas, tedes problema para subir as facturas á sede electrónica do Concello, podedes chamar ao Concello para que se vos explique o proceso.TF: 981 74 20 01
  • Unha vez sexan entregadas as facturas o Concello fará as comprobacións pertinentes e procederá a ingresar os cartos na conta para a que se entregou certificado bancario.

 

* NON ENTRAN as mascarillas, que son material sanitario. O suministro de material sanitario corresponde á Xunta de Galicia.

0 comentarios

Deixar un comentario

Queres unirte á conversación?
Síntete libre de contribuír

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *