OBRADOIRO DE EMPREGO XUVENTUDE POLO EMPREGO. Actualización 28.08.2020

Actualización 28.08.2020
Publicados os resultados da  fase 1 e 2 do proceso selectivo para o alumnado-traballador  e do persoal directivo e docente do Obradoiro xuvenil de Emprego “Xuventude polo  Emprego”.
—– —– —–
Actualización 26.08.2020
Publicados os resultados da primeira fase do proceso selectivo para o alumnado traballador do Obradoiro xuvenil de Emprego “Xuventude por el Emprego”.
Publicados os resultados da proba escrita para a selección do equipo directivo e docente do Obradoiro xuvenil de Emprego “Xuventude por el Emprego”.
O venres día 28 está prevista a publicación das puntuacións da segunda fase tanto do alumnado como do equipo directivo e docente.
—–   ——
Actualización 25.08.2020
Publicadas as listas de admitidos/as aos postos de persoal directivo e docente para o Obradoiro xuvenil de Emprego “Xuventude por el Emprego”
—– —– —-
Actualización 24.08.2020
Corrección erros na listaxe de titor/a
—- —–
Actualización 22.08.2020
Publicadas as listaxes de admitidos/as aos postos de persoal directivo e docente para o Obradoiro Xuvenil de Emprego “Xuventude polo Emprego”
Prazo de alegacións: o prazo de alegacións remata o luns 24 de agosto.
As probas terán lugar nas seguintes datas:

LUGAR: CASA DA CULTURA DE VIMIANZO

DATA: mércores, 26/08/2020

HORARIO:

10:00: Proba para as persoas candidatas a Director/a
12:00: Proba para as persoas candidatas a monitores de especialidade e titores/as.

MATERIAL NECESARIO:

DNI Bolígrafo Mascarilla

————
Obxecto: Selección do alumnado traballador e do persoal directivo e docente para o Obradoiro Xuvenil de Emprego “Xuventude polo Emprego”


Requisitos do alumnado-traballador (16):
Figurar na listaxe de persoas candidatas remitida pola Oficina de emprego de Cee.
-Estar inscrito no Ficheiro do Sistema nacional de Garantía Xuvenil.
-Ter unha idade comprendida entre os 18 anos e o día anterior ao cumprimento dos 30 anos, e esta circunstancia debe cumprirse na data de elaboración da sondaxe por parte da Oficina de emprego e ao inicio do programa.
-Reunir os requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os certificados de profesionalidade do programa:

Nivel 3 para a especialidade de Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web (IFCD0210)
Título de Bacharel.
Certificado de profesionalidade de nivel 3.
Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.
Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
Ter superado as competencias clave correspondentes.

Nivel 2 para a especialidade Instalación de elementos de carpintería (MAMS0108)
Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
Certificado de profesionalidade de nivel 2.
Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
Ter superado as competencias clave correspondentes.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLO ALUMNADO TRABALLADOR
Para participar no proceso selectivo deberá figurar na listaxe da oficina de emprego e presentar a solicitude normalizada que incorpora unha declaración xurada, copia do DNI e documentación relativa a requisitos específicos e méritos no Concello de Vimianzo. A continuación relacionamos a documentación a presentar:
– DNI (copia)
– Xustificante da inscrición no Ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil.
– Informe de vida laboral
– Titulación académica
– Documentación acreditativa de Nivel 2 ou Nivel 3.
– Xustificante de ter unha discapacidade igual ou superior ao 33% ( de ser o caso)
– Xustificante de participación en IPI (de ser o caso).

PERSOAL DIRECTIVO E DOCENTE:

Contratarase o seguinte persoal para o Programa de emprego:
– Un/unha director/ (xornada completa)
– Un/unha monitor/a para a especialidade Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web (xornada completa)
– Un/unha monitor/a para a especialidade Instalación de elementos de carpintería (xornada completa)
– Un/unha titor/a (xornada parcial 50%)

REQUISITOS: VER BASES

MAIS INFORMACIÓN E BASES

bases-de-seleccion-asinadas

solicitude-para-proceso-selectivo