PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DE MUXÍA PARA PALIAR OS EFECTOS DA CRISE DO CORONAVIRUS
O Concello de Muxía presenta un Plan de reactivación económica e social que recolle tanto medidas a implementar durante o estado de alarma como medidas a realizar unha vez finalizado o mesmo, axudando así ao tecido empresarial local e á cidadanía afectada á recuperación da crise a provocada pola Covid-19.
O Plan baséase en tres pilares:
- Medidas de protección da saúde
- Medidas Sociais
- Medidas fiscais e de reactivación económica.