MUXÍA SÚMASE Á INICIATIVA DE PHOTOESPAÑA DE FOTOGRAFAR A VILA DESDE AS FIESTRAS

O Concello de Muxía súmase á convocatoria do Festival Internacional de Fotografía e Artes Visuais PhotoESPAÑA, a través da cal a veciñanza poderá explorar a súa creatividade e plasmala en instantáneas sacadas desde as fiestras. O resultado de #PHEdesdemibalcón exporase  nunha mostra que se situará en reas e lugares emblemáticos da vila e tamén nos seús balcóns. Deste xeito, o festival quere homenaxear as persoas que tan grande esforzo están realizando estes días por quedaren na casa. Estes elementos mediante os que as e os muxiáns se asoman ao exterior para  conectare co de fóra servirán, unha vez que pase o confinamento, de soporte para albergar a selección de imaxes sacadas desde o interior.

A exposición poderase desfrutar durante o verán e desde a rúa. Para participar, unicamente haberá que subir as fotografías a través de Instagram cos hashtags #PHEdesdemibalcón e #PHE20 e rexistrar a túa participación na páxina www.phe.es.  A páxina web do evento acollerá unha galería virtual coas mellores pezas gráficas presentadas.

Ademais de Muxía, están  inscritos os concellos de Madrid, A Coruña, Segovia, Salamanca, Valladolid, Santander, Vigo, Sevilla… .

Trátase de lle dar unha oportunidade á veciñanza para que comparta colectivamente e a pé de rúa todas as miradas individuais.

Estas exposicións marcarán o inicio da vixésimo terceira edición de PHotoESPAÑA 2020, que se desenvolverá na tempada estival até finais de setembro. A convocatoria estará aberta até o 17 de maio e cada día, a organización subirá novas composicións á súa web