REPARTO DE MASCARILLAS PARA O PERSOAL QUE RETOMA A SÚA ACTIVIDADE LABORAL
O Concello de Muxía inicia, este luns día 13 de abril, o reparto de mascarillas para todas aquelas persoas que teñan que reincorporarse esta semana a súa actividade laboral e para aquelas que xa estaban traballando en actividades esenciais.
O reparto de mascarillas farase previa chamada telefónica ao 981 74 23 01.
Rógase un uso responsable do material de protección.
#Coronavirus #QuedaNaCasa #CoidamosdeTi