CUBRAMOS MUXÍA DE FORZA
Desde o Concello de Muxía propoñemos como acto de agradecemento a todo o pobo, tanto aos que teñen que seguir traballando como aos que teñen que quedar na casa, a iniciativa CUBRAMOS MUXÍA DE FORZA.
Convidamos a todos os veciños e veciñas de Muxía, en especial aos mais cativos, a encher os nosos balcóns e ventas de carteis e pancartas de ánimo ante a situación provocada polo coronavirus, mensaxes positivos e con moita cor.
O domingo 5 de abril, ás 12:00 da maña, todos xuntos, encheremos os nosos balcóns e ventás de carteis e pancartas.
“NON HAI CORONAVIRUS QUE POIDA CO NOSO ÁNIMO”
Mais información: https://www.facebook.com/ConcelloMuxia