CAMPAMENTO ECOIGUALDADE

O Concello de Muxía amplia o prazo de inscrición para cubrir prazas dispoñibles para as dúas quendas do campamento Ecoigualdade.

Dende hoxe, martes 16 de xullo ata o 19 de xullo, poderanse realizar inscricións ata completar as prazas dispoñibles e por riguroso orde de presentación, no Centro de información á muller, en horario de 9:00 a 14:00 horas.