¡SUSPENDIDO ACTO! XEOPARQUE COSTA DA MORTE
¡¡AVISO IMPORTANTE!!
Comunicamos que queda anulada a actividade de pintura ao aire libre XEOPARQUE COSTA DA MORTE. XEOLOXÍA E ARTE, que ía desenvolverse o vindeiro día 14 de outubro na Punta da Barca.
Os motivos de tal cancelación son totalmente alleos ao Concello de Muxía.
Sentimos moito as molestias causadas ás persoas que tiñan pensado participar, pero, reiteramos, os motivos de tal anulación son totalmente alleos ao Concello de Muxía.
CONCELLO DE MUXIA 11 DE OUTUBRO DE 2017
O Concello de Muxía xunto co a Asociaicón para a xestión do xeoparque da Costa da Morte, organiza unha actividade de pintura ao aire libre baixo o título “XEOPARQUE COSTA DA MORTE. Xeoloxía e Arte: a Punta da Barca”
A actividade que terá lugar o 14 de outubro ten o obxectivo de poñer en valor e dar a coñecer a enorme riqueza xeolóxica do contorno da Barca e facelo dun xeito lúdico e artístico.
A coordinación corre a cargo de: Antón Castro e Viki Rivadulla
As persoas interesadas en participar na xornada deberán presentarse o día 14 de outubro ás 10:00 h diante do Santuario da Barca, onde serán recobidos pola organización do evento cunha breve expricación sobre o lugar no que se vai desenvolver a actividade, lugar cheo de historia, lendas e beleza natural. O obxecto das obras será todo este contorno do santuario pétreo, o verdadeiro santuario da antigúidade.
Os materiais corren a cargo de cada participante e a técnica das obras é libre.Coas obras realizadas farase unha exposición en Muxía.
Para maior información as persoas interesadas poden contactar co Departamento de Cultura do Concello de Muxía no tf 981742001.
Dende a organización animamos a todas ás persoas que lles guste a arte a disfrutar deste día de arte e natureza.