O CONCELLO DE MUXÍA PARTICIPARÁ NA XXVII FESTA DA FABA DE LOURENZÁ COMO CONCELLO INVITADO

O CONCELLO DE MUXÍA PARTICIPARÁ NA XXVII FESTA DA FABA DE LOURENZÁ COMO CONCELLO INVITADO

Mañán , venres 20 , o concello de Muxía inaugurará unha mostra en Lourenzá como concello convidado na Festa da Faba

A mostra, que será inaugurada á 18.30 h polo Alcalde de Muxía, Félix Porto, será un escaparate do patrimonio cultural e natural do noso municipio.

Os secadeiros de congro, o Santuario, o mosteiro de Moraime, as praias, a gastronomía…todo estará presente nesta mostra que ten por obxecto achegar o noso municipio a toda a veciñanza de Lourenzá e á grande cantidade de visitantes de que goza esta festa.

MAIS INFORMACIÓN