O Alcalde, Félix Porto, clausura en Muxía o programa ‘Deseñando o teu futuro na costa da morte’

A directora xeral de Xuventude, a Subdirectora xeral e os alcalde de Camariñas e Vimianzo, acompañaron ao alcalde de Muxía, na clausura do programa Deseñando o teu futuro na costa da morte e na entrega de diplomas aos 15 participantes

Muxía, 14/09/2017 –  Esta semana físoxe entrega en Muxía dos diplomas do programa de ‘Deseñando o teu futuro na Costa da Morte’, desenvolvido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en consonancia cos Concello de Camariñas, Vimianzo, Mazaricos e Muxía. O programa de actividades foi o seguinte:

  • 9:00 Visita ao establecemento Hábitat CM en Muxía
  • 09:30: Visita á exposición fotográfica do naufraxio do Prestige
  • 10:00 Visita ó establecemento hostaleiro “A de Loló” en Muxía.
  • 11:30 Visita ó Hostal Monasterio de Moraime e á Igrexa de Moraime.
  • 13:00 Clausura do programa no salón de plenos do Concello de Muxía.
  • 14:00 Volta en autobús.