PROGRAMA DE XADREZ NA ESCOLA EN MUXÍA
O MARTES DÍA 21 DE FEBREIRO DARÁ COMEZO O PROGRAMA XADREZ NA ESCOLA, ORGANIZADO POLO CONCELLO DE MUXÍA EN COLABORACIÓN CO CLUB XADREZ CABO TOURIÑAN, COA PRIMEIRA SESIÓN DE PRESENTACIÓN NO CEIP VIRXE DA BARCA.
NESTE PROXECTO PARTICIPARÁN OS CENTROS ESCOLARES CEIP OS MUIÑOS, CEIP VILARMIDE E CEIP VIRXE DA BARCA.
O PROGRAMA, DESTINADO A NENOS E NENAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA, CONSTA DE CATRO SESIÓNS POR CENTRO DE ENSINO, CUNHA TEMPORALIZACIÓN DUNHA HORA AO MES, E TEN POR OBXECTIVO INTRODUCÍR E PROMOCIONAR O XADREZ NOS CENTOS ESCOLARES DO CONCELLO A TRAVÉS DE XORNADAS LÚDICAS, COA INTENCIÓN DE PRESENTAR ESTE XOGO DE ESTRATEXIA COMO FERRAMENTA EDUCATIVA, AMOSANDO OS BENEFICIOS E UTILIDADES QUE PRESENTA A APRENDIZAXE DO MESMO NO AMBITO EDUCATIVO.