Aberta a inscrición no circuíto Correndo pola Costa da Morte

Muxía, 13 de febreiro. Correndo pola Costa da Morte é un programa anual de carreiras populares que se desenvolven nos diferentes municipios da zona, que ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable. As persoas que se queiran apuntar, xa o poden facer. Ademáis, tamén poden inscribirse carreira a carreira, polo que poden inscribirse no primeiro evento que terá lugar en Camariñas.
Muxía organiza a súa carreira pedestre, que celebra a súa cuarta edición no 2017, o 9 de xullo. Pero hai máis eventos. O circuíto está promovido e organizado tamén por outros concellos, como son os de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Vimianzo e Zas.
¿Quen pode participar?
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen, tanto nenos/as como adultos (dende os 2 anos).
¿Cando son as carreiras?
Camariñas 12-03-2017
Vimianzo 26-03-2017
Mazaricos 14-05-2017
Dumbría 27-05-2017
Zas 03-06-2017
Cee 24-06-2017
Muxía 09-07-2017
Carnota 20-08-2017
Corcubión 16-09-2017
Fisterra 15-10-2017
Onde é a inscrición
A inscrición pódese facer ata o mércores anterior á celebración de cada proba ata as 23h59 en www.championchipnorte.com. Os menores de idade poden apuntarse tamén presentando un formulario de inscrición no departamento de Deportes do concello organizador.