Pensión Casa Isolina

Casa Isolina está ubicada no centro da vila de Muxía. Conta con catro cuartos amplos e cómodos. Dispón dun amplo xardín interior e ofrece a posibilidade de gardar bicicletas, comer, ler, lavar a roupa a man ou en lavadora…

Ofrece un ambiente familiar tranquilo. Está moi próxima ao paseo marítimo e á parada de autobuses. Desde alí tamén se chega rápido aos miradoiros da vila, ao santuario da Virxe da Barca e á praia da Cruz.

Localización

Enderezo

Rúa Real, 52. Muxía. A Coruña.

Contacto