Capelas de interese
Capela da Santiña de Trasufre
Templo de estilo barroco con forma de cruz latina e tres retábulos no seu interior.
Igrexa parroquial de San Pedro de Coucieiro
Totalmente reconstruída ao longo do século XVIII. O conxunto que forma coa casa rectoral, cabazo, adro e campo da festa constitúe un todo de certa beleza.
Igrexa da Nosa Señora da O
O templo actual é producto de diversas reconstrucións que se realizaron a finais do século XVII e principios do XVIII.
Igrexa de San Pedro de Leis
Templo románico de reducidas dimensións. Consta dunha soa nave con cuberta de madeira e ábside rectangular.
Capela de Santa Mariña
Fundada polos Pais Bieitos de Moraime no ano 1670, hoxe dependente da parroquia de San Pedro de Coucieiro.
Capela de San Roque
Situada preto do lugar de Chorente. O domingo seguinte á festividade deste santo celébrase unha romaría.
Capela de San Isidro de Quintáns
Fundada no século XVII polos seus cofrades, encabezando a lista Don Lope Vázquez, do lugar de Señores, preto de Suxo.
Capela da Virxe do Pilar de Suxo
Fundada polos veciños no ano 1902. Fronte á capela hai un cruceiro que foi doado por emigrantes cubanos do lugar de Suxo.
Igrexa parroquial da Grixa de Vilastose
Ten un campanario de estilo barroco, separado da mesma e situado nun lugar máis alto, que xunto cun cabazo e un cruceiro forman un conxunto pétreo curioso.
Capela do Santo Outel do Castro
Adicada ao mencionado santo e fundada no ano 1660 por Don Juan de Cantorna. De par da capela hai un interesante cruceiro que conserva unha inscrición que fai referencia aos fundadores do santuario.
Igrexa parroquial de San Fiz de Caberta
Templo de pequenas dimensións. A súa parte máis antiga data do século XII, modificado cara o ano 1700. Na súa fachada principal podemos contemplar unha figura en pedra do seu patrono. Preto da igrexa hai un cruceiro.
Igrexa parroquial de San Tirso de Buiturón
Diante da igrexa hai unha pequena praza cun cruceiro e un vello carballo que xunto coas construcións que hai arredor danlle ao conxunto un aspecto tradicional.