O Rincón da Baiuca
O Rincón da Baiuca é unha antiga casa de labranza situada na Baiuca, á entrada de Muxía, en pleno corazón da Costa da Morte.
Esta casa foi restaurada por completo no ano 2002. Cunha decoración rústica e á vez cun toque moderno, dispón de todas as comodidades para que a estancia sexa inesquecible. Conta con seis cuartos dobres, que dispoñen de baño e televisión, algún tamén con hidromasaxe.
Na actualidade poden atopar un bar-restaurante onde se ofrecen os mellores produtos da terra.
Localización
Enderezo
Lugar da Baiuca, s/n. Muxía. A Coruña.