Factura electrónica
Estarán obrigados a facturar electrónicamente todos os proveedores que entreguen bens ou presten servizos a este Concello dende o día 15 de xaneiro de 2015 e en concreto, e tal e como dispón o artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público:
- Sociedades anónimas.
- Sociedades de responsabilidade limitada.
- Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que carezan de nacionalidade española.
- Establecementos permanentes e sucursais de entidades non residentes en territorio español nos termos que establece a normativa tributaria.
- Unións temporais de empresas.
- Agrupación de interés económico, Agrupación de interés económico europea, Fondo de Pensións, Fondo de capital risco, Fondo de investimentos, Fondo de utilización de activos, Fondo de regularización do mercado hipotecario, Fondo de utilización hipotecaria ou Fondo de garantía de investimentos.
Os códigos DIR3 deste Concello, de acordo coa súa estrutura organizativa, son os seguintes:
- Código de oficina contable: L01150525 Concello de Muxía.
- Código do órgano xestor: L01150525 Concello de Muxía.
- Código da unidade de tramitación: L01150525 Concello de Muxía.