Mellora dos accesos na senda do Río Negro en Muxía

Procedemento: SUBVENCIÓNS A CONCELLOS PARA ACTUACIÓNS DE EMBELECEMENTO DO LITORAL GALEGO, NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA, FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA-NEXTGENERATIONEU

O Concello de Muxía obtén unha axuda por importe de 80.000 euros para a execución do proxecto de “Mellora dos accesos na senda do Río Negro en Muxía” dentro da liña 1 destinada a inversións en zonas verdes como vías verdes, camiños e sendeiros, espazos naturais que fomenten a biodiversidade vexetal, que permitan conectar distintos puntos de interese turístico ou que contribúan a creación de novos produtos turísticos, tales como rutas polas zonas verdes.

Entre os obxectivos destacan:

– corrixir os accesos

– mellorar o impacto dos accesos no espazo litoral, conectando os distintos puntos de interese turístico e ambientais (flora e fauna)

– poñer en valor espazos naturais

– sensibilizar sobre a necesidade da conservación dos espazos naturais

A intervención por tanto, buscar corrixir e fomentar un ámbito co tipo de material de acabado natural que é en madeira, substituíndo as zonas deterioradas, sen a xeración de residuos, adecuado o paseo, facéndoo transitable a todas as persoas que desexen acceder a pé ao devandito punto, sendo as características técnicas e construtivas adecuadas para o goce turístico protexendo o medio ambiente, corrixindo as transformacións da paisaxe e incrementando o potencial turístico do litoral.