VISITA GUIADA A MORAIME CON XAN FERNÁNDEZ CARRERA
O domingo 1 de agosto haberá unha visita guiada ao conxunto monumental de Moraime, con Xan Fernández Carrera.
Será ás 12:30 horas e para asistir hai que inscribirse previamente nas oficinas municipais en horario de 9 a 13:30 horas e de luns a venres (tf. 981 74 20 01)