BANDO SAN XOAN 2021

BANDO SAN XOAN 2021

Santiago M.  Toba Campaña, Alcalde-Presidente do Concello de Muxía, poñe en coñecemento de toda a veciñanza, que este ano pódense facer fogueiras de San Xoán, sempre e cando sexa en espazos privados así como os locais de hostelería que desexen facer grelladas.O prazo de presentación das solicitudes, de particulares e locais rematará ás 13 horas do día 21 de xuño de 2021.

Normas para as fogueiras:

  • Cumprir a normativa COVID e a de prevención de incendios.
    • Recoméndase que os grupos non superen as 15 persoas en espazos abertos e 6 persoas en espazos pechados, agás conviventes.
    • Recoméndase que entre a 1:00 e as 06:00 horas, a permanencia de grupos en espazos de uso público (tanto pechados como abertos) e/ou privados, se limite exclusivamente a persoas conviventes.
    • Utilización de máscaras de protección.
  • As persoas responsables teñen que ser maiores de idade.
  • Zona urbana: o volume de combustible da fogueira non sobrepasará os 3m de perímetro nin 1m de altura.
  • Rural: o volume do combustible da fogueira non sobrepasará os 6m de perímetro/diámetro nin3m de altura.
  • A separación entre as fogueiras, edificios, árbores, vehículos e mobiliario urbán será como min. de 25 m.

Normas para as grelladas:

  • O lume farase sempre sobre unha grella.
  • Non se interromperá o habitual paso de peóns nas beirarrúas.
  • Deixarase totalmente limpa a vía pública.

Tanto nun caso coma no outro:

  • Haberá xente sempre ao lado do lume. Haberá auga preto e/ou extintor.
  • Está prohibido botar ao lume pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, gases a presión ou similares.
  • Unha vez rematada a fogueira ou grellada, apagarase e deixarase todo limpo.
  • Atenderanse sempre as indicacións da Policía Local e/ou Protección Civil.

O Concello por iniciativa propia ou por instancia do Servizo Provincial de Prevención de Defensa contra incendios forestais, poderán revogar as autorizacións nos casos nos que non sexa posible garantir as medidas de seguridade e prevención de incendios. A autorización non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos, perdas e lesións a que houbera lugar no caso que concurra neglixencia ou imprudencia.

O Alcalde