MUXIA CONMEMORA O 25N

25N MUXÍA. Conmemoración Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O 25 de novembro foi declarado Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Escolleuse este día para conmemorar o asasinato das irmáns Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, asasinadas mentras ían a Porto Plata a visitar aos seus esposos encarcelados o 25 de novembro de 1960. Mirabal foi a única irmá que sobreviviu, e morreu no 2014 en Bélxica aos 88 anos. A ONU nomeou con carácter oficial esta data no ano 1999. Unha data para recordar e reivindicar.

Concentración ON LINE

Coas especiais circunstancias provocadas pola actual pandemia que imposibilitan levar a cabo concentracións como en anos anteriores, o Concello de Muxía contra a violencia machista, convida a toda a veciñanza a participar a través das redes sociais, facebook e/ou Instagram subindo un vídeo, foto, reflexión, poema, engadindo: #muxiatoleranciacero. Pretendemos visibilizar públicamente o noso compromiso institucional e a implicación da cidadanía no obxectivo de “non mirar cara a outro lado” ao entender a violencia como un atentado á dignidade como persoa, á integridade, ó honor e a liberdade, en definitiva, unha vulneración de dereitos humanos.

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL 25N CONCELLO DE MUXIA