Bases do proceso selectivo do alumnado traballador e do equipo directivo, docente e de apoio do Obradoiro dual de emprego “CAMIÑO AO EMPREGO”
Obxecto:
Selección para contratación do alumnado traballador e do equipo directivo docente e de apoio do Obradoiro dual de emprego “CAMIÑO AO EMPREGO” subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade e promovido polos concellos de Muxía, Camariñas e Vimianzo.
Prazas:
Alumnado-traballador: 20
Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes: 12 prazas
Promoción turística local e información ao visitante: 8 prazas
Prazas por concello:
Concello de Muxía: 8 prazas
Concello de Camariñas: 6 prazas
Concello de Vimianzo: 6 prazas
Equipo directivo, docente e de apoio:
– 1 director/a
– 1 docente da especialidade de Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes
– 1 docente da especilidade de Promoción turística local e información ao visitante
– 1 titor/a
-1 auxiliar administrativo/a
Requisitos:
– Posuír a titulación e demais requisitos esixidos nas bases.
Solicitudes:
Alumnado-traballador: Para a selección do alumnado-traballador presentarase oferta de emprego no Oficina do Servizo Público de Emprego de Cee. Unha vez publicado o listado de candidatos, establecese un prazo de 2 días hábiles para presentar a documentación no rexistro do Concello de Muxía, preferentemente a través da Sede Electrónica.
Equipo directivo, docente e de apoio: O prazo para participar no proceso selectivo é de 5 días hábiles a partir da publicación do anuncio no taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello.
A información completa figura nas Bases de selección
Bases de selección Obradoiro CAMIÑO AO EMPREGO