ANUNCIO AMPLIACIÓN DE AXUDAS DO CONCELLO DE MUXÍA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021

O Concello de Muxía ABRE UN NOVO PRAZO PARA AS axudas para material escolar E AMPLÍA AS MESMAS A ALUMNADO DE FP DE IDADE IGUAL OU MENOR DE 18 ANOS. A ampliación está suxeita ao límite da consignación orzamentaria Para optar ao beneficio de bolseiro/a deberán estar empadroados/as no concello de Muxía tanto o/a alumno/a como a persoa solicitante da axuda e convivir no mesmo domicilio. O prazo de presentación das solicitudes será ata o 21 de outubro. As solicitudes faranse telematicamente na sede electrónica do Concello de Muxía- no apartado de subvencións-, para o que o solicitante debe ter habilitada a firma electrónica. A documentación a presentar é a mesma que xa se indicaba no prazo anterior . O alumnado de FP debe presentar tamén a matrícula. Poden consultarse as bases na web municipal www.concellomuxia.com

Muxía, 6 de outubro de 2020.

O Alcalde, Santiago Toba Campaña

Ampliación Bases