ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade. DOG.Nº37 de 24 de febreiro

A súa finalidade é facilitarlles ás mulleres, preferentemente vítimas de violencia

de xénero, que teñan fillas ou fillos menores e/ou menores ou en acollida, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo materno-filial nun ambiente de seguridade, respecto e bo trato como modelo de

convivencia.

Requisitos solicitantes:

  • Fillas ou fillos menores, de entre 2 e 12 anos

  • Non convivir con parella afectiva

  • Empadroadas en Galicia

  • As mulleres estranxeiras necesitan ter permiso de residencia e traballo

  • Ingresos brutos mensuais que non superen 1,5 veces o IPREM nos 6 meses anteriores á presentación da solicitude

As estadías terán unha duración de entre 7 e 10 días, en réxime de pensión completa, e desenvolveranse preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro.

PRAZO SOLICITUDE: ata o día 23 de marzo

Máis información nas oficinas do CIM ou no teléfono 981742001

En Muxía a 26 de febreiro de 2020

O ALCALDE