RECLAMACIÓNS AO CENSO ELECTORAL

Faise saber a todos os veciños do Concello, que ante as vindeiras Eleccións ao Parlamento de Galicia 2020 que se celebrarán o vindeiro día 5 de abril, estarán expostas ao público, nas oficinas do Concello as Listas do Censo Electoral, en horario de oficina, entre os días 17 e 24 de febreiro, a efectos de posibles reclamacións contra os datos contidos nelas.

O impreso de reclamación facilitarase nas oficinas municipais.
Recoméndase especialmente a consulta das listas a todos os que cumpriron 18 anos recentemente e a todos/as os que cambiaron de enderezo nos últimos meses.

Teléfonos de consulta do Instituto Nacional de Estadística:
-901 101 900           -981 21 74 26            -981 21 74 39

Muxía, a 14 de febreiro de 2020
O Alcalde