O Concello de Muxía clausura o Taller de Ferramentas Online para o emprendemento para acercar as TIC e aumentar as oportunidades das mulleres”.
01.07.2019
Onte, luns 1 de xullo de 2019, ás 12.00 horas, a Concelleira de Igualdade e Xuventude , Olalla Benlloch, e María José Maceiras Mayo, representante da Fundación Mulleres, Fundación Cibervoluntarios e Google.org, clausuraron o Taller de Ferramentas Online para o emprendemento cuio itinerario non só se baseaba en transmitir coñecementos “informáticos”, senon que o manexo das ferramentas sirveu para facilitar ás mulleres rurais formación gratuita en competencias tecnolóxicas para promover a súa empregabilidade, emprendimento e participación.
A edil agradeceu a Fundación Mulleres que incluira ao Concello de Muxía no seu proxecto de Dixitalizadas.