FESTA DOS MAIORES E A CULTURA 2019
BANDO
O día 2 de xuño, o Concello de Muxía celebra a FESTA DOS MAIORES E A CULTURA 2019, un tempo de lecer que é un recoñecemento ao traballo de toda unha vida e á valiosa aportación das persoas maiores á nosa sociedade.
Están convidadas a esta festa tódalas persoas maiores de 65 anos e pensionistas.
A misa celebrarase ás 12 horas, no Santuario da Barca, coa participación da Coral Virxe da Barca.
Para inscribirse é necesario pasar polas Oficinas do Concello de Muxía, presentando o DNI. O prazo de inscrición remata o 24 de maio.
O ALCALDE,
Félix Porto Serantes


