GALERÍA DE MULLERES

Audre Lorde

( 18 /02/1934 en Harlem, Nova York – 17 / 11/ 1992 en Saint Croix)

guerreira poeta feminista, negra e lesbiana” , como ela mesma se declaraba.

Tanto como poeta como ensaísta é unha voz excepcionalmente lúcida do feminismo contemporáneo; loitadora polos  dereitos da  muller afroamericana, polos dereitos civís, contra o racismo e a opresión,  é icona feminista internacional.

As súas obras buscan o empoderamento frente ao capitalismo, racismo e heterosexismo, mostrando unha posición política feminista dende unha crítica decolonial.

O seu texto fundamental é “Sister Outsider“, un libro de ensaios que contén varios dos seus escritos e conferencias máis influintes das loitas contra o racismo, o machismo e a opresión heteronormativa . Escribiu moita obra, fecunda e combativa, como O unicornio negro”, libro de poemas que fala das opresións sobre unha muller negra e lesbiana ou “Os diarios do cancro” logo de pasar pola experiencia do cancro de mama e de reflexionar sobre as discriminacións sufridas polas mulleres, que se superpoñen ás de raza e de orientación sexual e que se suman á dor da enfermidade.

O seu activismo procuraba un lugar de encontro das voces de todos aqueles suxeitos que constitúen a outredade fronte á distribución dos corpos desde o racismo e heterocisnormatividade. Cuestionando as xerarquías globais e plantexando a necesidade de reconfigurar os modos de dicir e facer literatura para subverter a orde establecida.

CARTEL