CAMPAÑA EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS

En que consiste a campaña En Negro Contra As Violencias?

É unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas. Calquera pode participar tinguindo seu comercio, lugar de traballo ou as ventás da súa propia casa de negro. Podes descargar material e adherirte a través da páxina web http://ennegrocontraasviolencias.gal/

O concello de Muxía, xunto con máis de 90 concellos da provincia, adhirense á campaña cun compromiso político e técnico para espallar a acción e mobilizar a poboación e os axentes sociais e económicos para tinguir de negro as vilas e cidades galegas.

Ademais dos concellos, tamén tres das catro deputacións galegas se sumaron xa a #EnNegroContraAsViolencias. Así, as deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra producirán material da campaña para os concellos participantes das súas respectivas provincias.

TÓDOLOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS QUE QUEIRAN ADHERIRSE DEBEN COMUNICARSE CO C.I.M DO CONCELLO PARA QUE SE LLES FACILITE O MATERIAL PUBLICITARIO ANTES DO 21 DE NOVEMBRO