“MELLORA DA COMPETITIVIDADE DA HOSTALERÍA E EMPRESAS TURÍSTICAS DA COSTA DA MORTE EN GASTRONOMÍA LOCAL”.
Trátase dun programa formativo de 30 horas, que se impartirá en Cee, nas instalacións de Acerta Formación e na cociña da Asociación ASPADEX.
O programa é variado e trata cuestións de xestión, marketing e gastronomía:
-Deseño estratéxico da súa oferta gastronómica.
-Redes Sociais, monitorización e vixianza online.
-Elaboración de pinchos, preparación de pratos con produtos locais e coñecemento dos produtos(peixe, carne, algas…). Totalmente práctico.
Impartirase en seis sesións de dúas horas e media cada unha. Os cursos contan con expertos de referencia no panorama galego.
O programa é 100% subvencionado e as inscricións poden realizarse enviando un correo electrónico a acertaformacion@gmail.com ou chamando ao 981 10 60 60.